San Xoán de Muro

San Xoán de Muro156 habitantes. Entidades: Casal de Vito, Montixo, Outeiro, Quintás, Sambreixo, Souto, e Vizcaya. A igrexa parroquial, de estilo románico, data do século XII, ainda que sofreu importantes reformas posteriores, principalmente para eleva-la súa altura. Presenta nave e ábsida rectangulares. Conta cunha curiosa decoración. Destaca a portada, con dúas arquivoltas sobre columnas con capiteis que representan unha figura humana espida e dous animais enfrontados. No tímpano, apoiado sobre dúas cabezas de touro, aparece unha figura humana cunha corda ó pescozo. Cerca da igrexa un castro ben conservado, o de Monte do Castro. Outros castros nesta parroquia son os de Muro, e o de Airexe no lugar de Outeiro.