Museo Integrado de Maquinaria Agrícola Clásica

Casa Vázquez- Trasliste - LáncaraA colección de maquinaria agrícola clásica, coñecida como “museo integrado de maquinaria agrícola clásica”, e un proxecto en inicios cuxa finalidade non é outra ca “aumentar a autoestima do traballador do rural”, e intentao, mediante a posta en valor do patrimonio arqueolóxico-industrial agrario, que, por algún motivo, provoca á revisión do pasado para construír un futuro máis ilusionante.

A colección está integrada nunha casa de labranza, cuxa produción se orienta, ademais de ao autoconsumo, á gandería de carne ecolóxica de primeira calidade (terneira galega suprema), e tamén, á produción de mazá ecolóxica con enforque sidreiro.

En exposición permanente, pódense atopar as seguintes máquinas:

  • Ferguson TEA 20 de gasolina.
  • David Brown Cropmaster Diesel
  • Zetor 25 K
  • Massey Ferguson 65 MK1
  • Barreiros R 335
  • Fordson Super Major.
  • Massey Ferguson 31 (colleitadora)
  • Alpuema (segadora-atadora)
  • Bertolini 125
  • Carro galego
  • Outras pequenas máquinas, útiles e utensilios.

Estas pezas están expostas nunha edificación tradicional (pendello tipo feira) e nun antigo silo de trincheira acondicionado para exposición, ambas construcións adaptadas á tipoloxía da zona.

Ademais, tamén se pode ver unha colección de máis de 100 miniaturas de máquinas agrícolas de tódolos tempos, que se amosan nunha antiga manxadoira dunha corte, adaptada a salón da vivenda de máis de 100 anos de antigüidade.

Ao mesmo tempo que se ven estas mostras, tamén se pode observar o sistema produtivo da casa de labranza, tradicional, pero adaptado aos tempos para poder ser competitivo e saír ao mercado de forma sostible.

Polo momento, as visitas so poden ser concertadas, previo aviso ao responsable actual desta casa de labranza.

Marcos Vázquez Marey
619 389 069

 

Peregrinación en Tractor Agrícola Clásico polo Camiño Real