Orientación Laboral

Orientación Laboal LáncaraO Concello de Láncara dispón dun servizo de orientación e inserción laboral dirixido tanto a persoas desempregadas como a aquelas outras que desexen mellorar a súa situación laboral.

Deste xeito, reciben información sobre as posibilidades e os recursos existentes no territorio para a busca de emprego e para a a súa posterior inserción sociolaboral, ao tempo que coñecen as opcións formativas (cursos, xornadas, seminarios...) ás que poden ter acceso.

Algunhas das accións no Servizo de Orientación Laboral son:

  • Análise do mercado de traballo
  • Diagnótico de empregrabilidade
  • Itinerarios de inserción laboral (IPI)
  • Técnicas de busca de emprego
  • Asesoramento e información formativa
  • Solicitude de cursos de formación ocupacional
  • Asesoramento e información profesional
  • Información das actuacións que leva a cabo o Servizo Público de Emprego
  • Información sobre bolsas
  • Convocatorias públicas de emprego
  • Directorios de Empresas
  • Asesoramento sobre anuncios de ofertas, ofertas concretas e autocandidatura