Biblioteca Municipal

rede bibliotecas galiciaA biblioteca abriu no ano 1993 e está ubicada no Centro Polifuncional.

Actualmente contamos con 5300 exemplares, e aínda que na súa maioría son libros, os cales abrangen tódalas temáticas, maioritariamente son de literatura, tanto infantil como adultos. Últimamente debido ó pulo das novas tecnoloxías estamos introducindo bastante material en DVD, incluso as enciclopedias, xa que este resulta moito máis atractivo para a súa consulta e manexo. Podes achegarte a ela para consultar libros, facer traballos..

Contamos ademáis con ordenadores dende os cales podedes conectarnos a internet de forma gratuita, facelos traballos para o colexio, outro tipo de tarefas que non teñan nada que ver co mundo escolar ou simplemente pasar un anaco explorando o mundo da informática.

O seu horario : luns a venres de   16:00 h. a 20:00 h.

Teléfono 982 543066

No mesmo edificio contamos tamén cunha sala para celebración de reunións, conferencias,…