Oficina de Información Xuvenil (OMIX)

OMIX LáncaraXestionada por Mª Jesús López Loureiro.

Situada tamén no centro Polifuncional.

Nesta oficina os mozos e mozas poden atopar solucións a preguntas que se plantexen sobre temas de educación, emprego, emancipación xove, asociacionismo, cursos, certames e premios literarios, bolsas de estudios, oposicións, carnés para a mocidade (descontos de ata un 20% nas túas compras), programas de mobilidade, centros de asesoramento (distintas temáticas: quérete, vitalízate, conéctate, relaciónate, gústate e móvete), escolas de tempo libre, turismo xuvenil, campamentos, albergues e residencias.

O obxectivo da información xuvenil é previr as desigualdades no acceso ós recursos, e isto acádase cando a información dos recursos existentes chega a tódolos mozos da nosa comunidade. Por iso, a información que aquí se pode atopar non se estrinxe a ámbitos estrictos e pechados, senón que se pretende coñecer e dar a coñecer todo aquilo que máis lle interesa á nosa mocidade, sí como coñecer tamén as problemáticas e preocupacións ca finalidade de asesoralos e orientalos na búsqueda de respostas o máis axeitadas posibles a necesidades e intereses persoais.

A oficina está aberta ó público de luns a venres en horario de tarde, de 15:00 h. a 20:00 h.

Achégate e descubre todo o que dende aquí che podemos ofrecer. Para calquera dúbida chama ó 982 543066.