San Pedro de Ronfe

San Pedro de Ronfe95 habitantes agrupados nas entidades de: As Cortes, Pousadela, Ronfe, San Mamede, Xiador, e Supena. A igrexa de Ronfe data de finais do século XVIII, destacando o seu frontis barroco e o dobre muro do lateral norte. Ten adosada unha capela do mesmo século adicada a Nosa Señora, construída polos señores da Casa Grande de Ronfe.En Ronfe existen os castros de O Castalvello, Agro do Castro en Seador, Rañoá e Ronfe no lugar de O Barrio.