San Martiño de Oleiros

113 habitantes agrupados nas entidades de: Bouciña, Oleiros, San Martiño e Xunqueira de Abaixo. Atopamos referencias documentais a esta parroquia no ano 1287, pola doazón que fai Teresa López ó Bispo de Lugo. A igrexa parroquial, de orixe románica, data do século XII. Presenta nave e ábsida rectangulares, con cuberta de madeira a dúas augas. Destaca a porta da fachada principal con arco de medio punto e capiteis decorados con cabezas. No interior conserva un interesante retablo renacentista do século XVI. De interese tamén os restos do Pazo de Oleiros, residencia dos señores de Oleiros. Disque a denominación da parroquia pode deberse á existencia en tempos de “oleiros” (fabricantes de “olas”) nesta parroquia.