San Pedro de Láncara

2San Pedro de Láncara34 habitantes agrupados nas entidades de Os Baos, Láncara, Veiga de Outeiro, Pedreira, Piqueira, San Pedro. A primeira referencia documentada atopámola nun documento do arquivo da catedral de Santiago de Compostela do ano 916, onde Ordoño II troca co Bispo de Compostela as vilas de Oza e Cela pola de Láncara, propiedade que fora cedida polo seu irmán Gonzalo á Igrexa de Santiago. A igrexa parroquial de Láncara ten pranta de cruz latina, con nave rectangular e dúas capelas nos laterais. Cuberta de madeira a dúas vertentes. Tamén de madeira é a bóveda do presbiterio. Presenta o cemiterio ao redor e cabido protector na entrada. No interior destaca un retablo da segunda metade do século XVIII. A Casa Grande de Láncara foi unha das máis destacadas de Galicia. Conserva os escudos dos Suárez de Deza, Castro, Bolaño, Osorio, Pimentel, Losada…O edificio reformouse por última vez no século XVIII.