San Vicente de Carracedo

San Vicente de Carracedo76 habitantes agrupados nas entidades de Carracedo, San Vicente, Trascastro e Mesón(Ponte do Neira). Esta parroquia acolleu a capital municipal ata o ano 1958, cando se traladou á Poboa de San Xiao. A igrexa parroquial no lugar de San Vicente, conta con cemiterio adxunto, unha soa nave, e presbiterio a catro augas. A antiga Casa Consistorial, construída polos veciños da localidade a comezos do século pasado foi restaurada pola escola-obradoiro municipal. Destaca a ponte romana de Carracedo, construída no século XVI.