Xulgado de Paz

Nas dependencias do xulgado, situadas no baixo do edificio da Casa Consistorial, estamos de 10h a 2h da mañá, levando a cabo tanto tarefas relacionadas co Rexistro Civil como as propias do Xulgado.

Dentro do que se refire ó Xulgado, ocupámonos das Conciliacións.

Ademáis disto, cooperamos a nivel Nacional cos distintos Xulgados de 1ª Instancia, Instrucción, Penal e Audiencias en canto a Notificacións, Requerimentos, Citacións, Emprazamentos, Declaracións, Retirada de permisos de conducir, etc…

No que afecta a tarefas pertencentes ó Rexistro Civil as labores que se levan a cabo nestas dependencias son as seguintes:

  • Expedir Partidas de Nacemento, Matrimonio, Defuncións.
  • Licencias de Enterramento
  • Matrimonios Civís

E, en xeral, todo o relacionado co asentamento nos diferentes libros de :

  • Divorcios
  • Separacións
  • Capitulacións
  • Matrimoniais
  • Incapacidade
  • Tutelas
  • Recoñecemento de fillos
  • Cambios de nome ó galego
  • Rectificación de erros

Ó mesmo tempo existe unha cooperación , en canto ó envío de documentación, con diferentes Institutos, como pode ser o Instituto Nacional de Estadística, da Seguridade Social, e o Censo Electoral.

Se precisas calquera dos documentos que mencionamos anteriormente ou estás nalgún dos casos anteriores, achégate ás dependencias do xulgado.