veran
Servizos ó cidadán

Monumentos

monumento

Pazo de Láncara

O edificio, perfectamente conservado, consta de tres corpos, un central e dúas laterais máis elevados. No corpo central ábrense tres balcóns sobre tres arcos, que dan paso ao patio interior. Rodeado dunha gran finca con importante zona arborada.

Construción con muros de cachotaría e sillaría granítica. Ten tres corpos, un central, de dous pisos, e dous laterais máis elevados.No da dereita, a torre fortaleza orixinal. No central, balcóns sobre tres arcos que dan paso ao patio. En medio dos balcóns, os ecudos dos Suárez de Deza, Castro, Bolaño, Osorio, Pimentel, Losada...

Foi unha das casas máis salientadas de Galicia. As xentes desta familia eran coñecidas polo nome da casa e non polo seu propio apelido. Disque, os Suárez de Deza foron antes que os Churruschaos, que despois de que un deles-Fernán Pérez Churruschao_-dera morte a Don Suero, arcebispo de Santiago, perderon o apelido. A última gran reforma deste edificio foi no s.XVIII.

line