Ponte de Carracedo
Representa o resto histórico de maior importancia do concello, orixinal pola súa forma de camelo. Sobre a ponte existiu unha torre na Idade Media, sendo nesta época obrigatorio o pago dun imposto para poder cruzala. Hoxe en día non se conserva a imaxe de San miguel que presidía o templete xa desaparecido.
A importancia desta construcción refléctese no feito de formares parte do escudo municipal de Láncara.
A ponte construída en cantería, data do s.XVI. Mide 62 metros de largo, cunha altura máxima de 9 metros, dende a que se ofrece unha excelente perspectiva sobre o río. Conta con catro arcos con un voluminoso tallamar no centro, calzada de 4 metros de ancho e unha forte pendente.
A calzada da ponte comeza a ambas beiras do río a pouca altura sobre o nivel da auga, ascendendo á cima por dous planos inclinados. No centro consérvase unha estrutura de prisma que coroa a ponte, semellante a un fornelo.