|
O CONCELLO
O Municipio
Perfil do Contratante
Qué Visitar
|
Parroquias
85 habitantes agrupados nas entidades de Armea, Leirado, e Vilela de Arriba. A igrexa parroquial, do século X, sitúase na marxe do Río Galegos. Da súa orixe prerrománica somentes conserva os capiteis decorados con cunchas e motivos vexetais.
100 habitantes, agrupados nas entidades de Susaos, Couto, Pedra e Reboredo .A igrexa parroquial, da segunda metade do século XII, pertence ó románico. Foi antigo mosteiro, unido ó de Samos. Conta cunha soa nave con cuberta de madeira e ábsida semicircular. Cuberta con bóveda de canón. No interior conserva unha colección de pinturas de gran valor, doazón da familia López Quiroga e Somoza. Segundo inventarios do século XII, nesta parroquia tivo propiedades a Igrexa de Lugo. Existe un lugar chamado Mosteiro, cuxo nome vincúlase coa existencia dun antigo mosteiro neste lugar.
76 habitantes agrupados nas entidades de Carracedo, San Vicente, Trascastro e Mesón(Ponte do Neira). Esta parroquia acolleu a capital municipal ata o ano 1958, cando se traladou á Poboa de San Xiao. A igrexa parroquial no lugar de San Vicente, conta con cemiterio adxunto, unha soa nave, e presbiterio a catro augas. A antiga Casa Consistorial, construída polos veciños da localidade a comezos do século pasado foi restaurada pola escola-obradoiro municipal. Destaca a ponte romana de Carracedo, construída no século XVI.
244 habitantes. Entidades de poboación: Castrodelo, Cedrón, Montelora, Piñeiroa, Sáa, Seara, Sobrerriba, Suaxe, Vilarín, Asfarrapa, Cortella, Casablanca, o Furco, Os Carrís, Os Acibeiros, Estaladoira, Busto, Armada e Rebordelo. A igrexa parroquial é de estilo barroco-renacentista. Presenta pranta de cruz latina con dúas capelas nos laterais. Destaca pola súa amplitude e cúpula de seis ventanais. No interior posúe un valioso retablo renacentista, do século XVIII. A Casa Grande ou Pazo de Cedrón sitúase no,lugar de Sáa. De grandes dimensións e pranta cadrada, conserva na porta adintelada un gran escudo heráldico. Conta cun patio interior con arcadas de medio punto e capela adxunta. En Sáa atópase tamén o Pazo de Paredes, de pranta rectangular. É a casa rectoral da localidade. Conserva escudos coa cruz de Santiago e símbolo dos Bolaño. Nas inmediacións da igrexa de Cedrón atópase o castro de A Igrexa, e moi perto do límite municipal con Baralla, o castro de Castrodelos.
91 habitantes, distribuidos nas entidades de Galegos e Vigo de Galegos.
54 habitantes agrupados nas entidades de Santalla, Asfarrapa, e Seoane. Situada na parte alta do municipio, próxima ó alto de Vilaesteba. A igrexa parroquial está en Santalla, onde tamén atopamos o castro de Lagos.
141 habitantes. Entidades: Santa María de Lama, Armea, Campos, Hervilar, e Cima de Vila. Aparece mencionada nuhna bula papal de Alejandro III no 1175, na que se confirma a súa pertenza ó mosteiro de Samos. A raíña Dona Urraca fixo doazón da igrexa, no 1102 o seu vasalo Ero Armendáriz e a súa muller Columba.
234 habitantes agrupados nas entidades de Os Baos, Láncara, Veiga de Outeiro, Pedreira, Piqueira, San Pedro. A primeira referencia documentada atopámola nun documento do arquivo da catedral de Santiago de Compostela do ano 916, onde Ordoño II troca co Bispo de Compostela as vilas de Oza e Cela pola de Láncara, propiedade que fora cedida polo seu irmán Gonzalo á Igrexa de Santiago. A igrexa parroquial de Láncara ten pranta de cruz latina, con nave rectangular e dúas capelas nos laterais. Cuberta de madeira a dúas vertentes. Tamén de madeira é a bóveda do presbiterio. Presenta o cemiterio ao redor e cabido protector na entrada. No interior destaca un retablo da segunda metade do século XVIII. A Casa Grande de Láncara foi unha das máis destacadas de Galicia. Conserva os escudos dos Suárez de Deza, Castro, Bolaño, Osorio, Pimentel, Losada…O edificio reformouse por última vez no século XVIII.
16 habitantes na entidade de Larín. Aquí reuníronse o 9 de Maio do 960 San Rosendo de Mondoñedo e o Abade de Samos, para chegar a un acordo sobre a localidade sarriana de Cesar.
75 habitantes distribuidos nas entidades de Cima de Vila, Fondo de Vila, Cimo do Lugar e Meixarín. A igrexa parroquial é de tradición románica rural. Con cemiterio ao redor e portada cuberta, ten ábsida semicircular. No interior conserva un retablo barroco. Nesta parroquia existen os Castros de Caicedo e De Pacio
156 habitantes. Entidades: Casal de Vito, Montixo, Outeiro, Quintás, Sambreixo, Souto, e Vizcaya. A igrexa parroquial, de estilo románico, data do século XII, ainda que sofreu importantes reformas posteriores, principalmente para eleva-la súa altura. Presenta nave e ábsida rectangulares. Conta cunha curiosa decoración. Destaca a portada, con dúas arquivoltas sobre columnas con capiteis que representan unha figura humana espida e dous animais enfrontados. No tímpano, apoiado sobre dúas cabezas de touro, aparece unha figura humana cunha corda ó pescozo. Cerca da igrexa un castro ben conservado, o de Monte do Castro. Outros castros nesta parroquia son os de Muro, e o de Airexe no lugar de Outeiro.
58 habitantes distribuidos nas entidades de Neira e Sampaio. Conserva o seu templo parroquial de estilo románico na súa totalidade, con atrio-cemiterio ao redor. Destaca pola pureza de liñas e a austeridade decorativa. Ten arco triunfal con capiteis sobre semicolumnas adosadas e ábsida semicircular
113 habitantes agrupados nas entidades de: Bouciña, Oleiros, San Martiño e Xunqueira de Abaixo. Atopamos referencias documentais a esta parroquia no ano 1287, pola doazón que fai Teresa López ó Bispo de Lugo. A igrexa parroquial, de orixe románica, data do século XII. Presenta nave e ábsida rectangulares, con cuberta de madeira a dúas augas. Destaca a porta da fachada principal con arco de medio punto e capiteis decorados con cabezas. No interior conserva un interesante retablo renacentista do século XVI.
De interese tamén os restos do Pazo de Oleiros, residencia dos señores de Oleiros. Disque a denominación da parroquia pode deberse á existencia en tempos de “oleiros” (fabricantes de “olas”) nesta parroquia.
633 habitantes distribuidos nas entidades de Ariz e Valdriz. A igrexa parroquial é moderna, de comezos do século pasado, se ben conserva restos románicos. Presenta pranta de cruz latina, e conserva no interior retablos dos sécalos XVI e XVII. Posúe dúas capelas laterais, na esquerda atopamos os sepulcros da Casa Grande, cos restos de D. Fernando Quiroga, coroel de Infantería de Lugo. Nesta parroquia atópase tamén o Pazo da familia dos Quiroga.
95 habitantes agrupados nas entidades de: As Cortes, Pousadela, Ronfe, San Mamede, Xiador, e Supena. A igrexa de Ronfe data de finais do século XVIII, destacando o seu frontis barroco e o dobre muro do lateral norte. Ten adosada unha capela do mesmo século adicada a Nosa Señora, construída polos señores da Casa Grande de Ronfe.En Ronfe existen os castros de O Castalvello, Agro do Castro en Seador, Rañoá e Ronfe no lugar de O Barrio.
56 habitantes, agrupados nas entidades de Souto e Vilela de Abaixo. O templo parrpoquial é sinxelo e moderno.
168 habitantes distribuidos nas entidades de: Asteire, Crescón, Gradín, Airexe, Cruceiro, Santa Cristina, Souto, e Vilar de Toirán. A igrexa parroquial, de orixe románica, atópase en Airexe, con nave e ábsida rectangulares. A fachada reconstruida no século XVIII conserva un rosetón cunha cruz grega inscrita nunha moldura circular, capiteis con decoración de follas e bolas e canzorros, algúns con figuras humanas. Trátase dunha das igrexas máis antigas da provincia. Nesta parroquia atopamos restos da cultura castrexa en Gradín, Airexe e Seixor e restos de explotacións mineiras de orixe romano. A Capela de Gradín, construiuse enriba dun deses antigos asentamentos, no castro de Gradín. Ten dous capelas laterais e pranta de cruz latina, con cúpula sobre o presbiterio.
64 habitantes. Entidades: Armillán e Toldaos. A igrexa parroquial ten cabido protector na entrada. Trátase dunha zona rica en castros, destacando os de Mouro, San Xoán, e Seteventos
80 habitantes agrupados nas entidades de Mourillón e Touville. A igrexa parroquial atópase nunha elevación do terreo nun lugar aillado. Ten pranta rectangular, e probablemente ten a súa orixe, prerrománica, nunha construcción monástica. Destacan as xambas da porta, decoradas, e tres relevos en forma de nós, na fachada e no interior. Existen nesta parroquia os castros de A Croa de Mourillón e As Croas, no límite coa parroquia da Lama.
142 habitantes agrupados en 8 entidades de poboación: A Eirexe, Seoane (de Arriba), Tadoufe, Vilasuso, Palacio, Barboa, Quintela, e Chao. A igrexa parroquial, de unha soa nave con cuberta de madeira, destaca polo seu cabildo sobre columnas. Está considerada de estilo barroco popular. A Casa-Pazo conserva portada adintelada con frontón triangular co escudo da casa. No Campo de Santa Lucía existe un área de recreo xunto á antiga escola, recentemente restaurada e homologada para impartir cursos e conferencias oficiais, e bautizada con nome de Local Social "Antón Rivas", persoeiro destacado que viviu entre o Século XIX e o XX. Estase a construir un Museo Privado de Maquinaria Agrícola Clásica no lugar de A Eirexe.
68 habitantes, nunha única entidade: Vilaesteva. Temos referencia documental a esta parroquia nunha doazón feita o Mosteiro de Samos no ano 1072. Trátase da parroquia de maior altitude do municipio, aproximadamente 1000m. A igrexa parroquial está na parte alta. Un cabido con cuberta a dúas augas protexe a súa entrada. Ten adosada a sancristía no lateral sur. No interior conserva un retablo de estilo neoclásico.
52 habitantes agrupados nas entidades de: Vilaleo de Abaixo, Vilaleo de Arriba e Neira de Rapados. A igrexa parroquial do século XVIII presenta aspectos románicos e renacentistas, debido tal vez a súa construcción en épocas diferentes. O Camiño Real pasaba polo caserío de Neira de Rapante, nesta parroquia. En Vilaleo atopamos o castro da Ermida, no límite coa parroquia de Trasliste.
73 habitantes, distribuidos nas entidades de: Corral de Abaixo, Lousadela, Predes, Ribeira de Vilapape, Veiga de Anzuelos, e Vilarello. A igrexa parroquial é de estilo románico rural. Existe un castro chamado Corral de Abaixo, e tamén nesta parroquia encóntrase o monte das Modorras.
86 habitantes, agrupados nas entidades de Augalevada, Bustelo, Vilouzán, e Airexe. A igrexa parroquial conta cun interesante retablo de estilo salomónico, do século XVII ou comezos do XVIII. Ten un cabido protector na entrada. En Vilaouzán estivo a Torre-Pazo de Cabezais. Destruída a torre polo paso do tempo, e remodelada a edificación é, hoxe en día, amplia casona de labranza.
|