Dende o GDR “Os Sete Castros” estase a traballar na elaboración dunha GUÍA DE EMPRESAS DA COMARCA DE SARRIA. Esta Guía de Empresas constitúe unha ferramenta de promoción do territorio que permitirá, entre outras cousas, dar a coñecer a actividade empresarial no propio territorio, xa que son moitos os que descoñecen toda a oferta de produtos e servizos que se ofrecen na comarca, así como potenciar o turismo de compras entre visitantes, e fomentar o establecemento de sinerxias entre os distintos sectores económicos.
A Guía aglutinará todas as empresas con domicilio social nalgún...