O Concello de Láncara leva a cabo o proxecto traída de auga potable: conexión de traídas de Láncara, A Pobra, Oleiros e Mourillón

O Concello de Láncara levou a cabo o proxecto para a traída de auga potable: conexión de traídas de Láncara, A Pobra, Oleiros e Mourillón, cun orzamento total de 72.996,65€, obra financiada no marco do eixe REACT-UE do programa operativo Feder Galicia 2014-2020. A obra levouse a cabo de maneira satisfactoria e cumprironse os obxectivos, os cales eran comunicar entre sí varias traídas de auga do Concello de Láncara.